Novembro 15th, 2009 Snob Megalove

Despois de vela por primeira vez hai uns días, fiquei para sempre namorado da sexploitation arxentina Carne (1968), firme candidata ao título de Mellor Peor Película da Historia. En serio, haina que ver para acreditar os niveis de sordidez e incorrección que chega a acadar. A historia é un dramón absoluto, pero a mestura de diálogos absurdos, actores ineptos e sexo chungo fan de Carne unha comedia delirante coma poucas.
Máis sobre este clásico do cine perralleiro noutras leiras da rede :
El Cine Adulterado de Armando Bo, director de Carne.
Isabel Sarli: La Diosa Neumática, o teu novo mito sexual.
Entrevista con “La Coca” Sarli polo crítico Pedro Calleja.
Reina Isabel, El Sexo Ingenuo, a filmografía de Isabel Sarli.
Carne en pelisbuenas.com, por se lle queres botar man ao filme.
Un fío no foro iPunkRock, ben cargado de imaxes e devoción pola adorable Isabel Sarli.
Posted in Cinema | 4 Comments »
Outubro 17th, 2009 Snob Megalove
Aquí había publicada unha longa recensión sobre o primeiro tomo de Asa, El Ejecutor (Kubikiri Asa), na que viña a dicir que este manga histórico dos creadores de El Lobo Solitario Y Su Cachorro non me parecía máis que unha exploitation gore e misóxina carente de interese. Pasados dous días e dous volumes máis de Asa, o Escabezador, manteño as negritas, pero teño que desdecirme de todo o demáis, e case que declararme incondicional desta obra.
Se cadra non estaba preparado, logo de mergullarme no intenso humanismo de El Árbol Que Da Sombra, para apreciar un dos mangas máis brutais e extremos que teño coñecido (e non é dicir pouco). Sorte que, malia o mal rollo que me meteron no corpo as primeiras historias, non puidera deixar de mirar. O corpo pediu máis. Agarráronme polos collóns a crueldade mesmerizante, a fascinación samurai e, por riba de todo, a narración. Xa avisara, “fluída até o prodixio, marca da casa Kojima-Koike“.
Asa, El Ejecutor combina o manga histórico, a acción gore e o xénero máis negro nun sanguiñento cóctel non apto para bandullos sensibles. Un grolo de escuridade, rápido de tragar pero duradeiro, coma un espresso ben cargado e amargo, disposto a derreterche as tripas. Unha desas cousas que fan medrar o pelo no peito. Unha puta pasada.
Posted in Comic | 2 Comments »