Megaloves – Perfil Perfecto

Hoxe cúmprense tres anos do debut en concerto dos Megaloves, o dúo de Anarcountry e Murder Blues no que eu meto os berros e Vil Megalove o sentidiño. E para celebralo aquí tedes unha nova canción, a nosa adaptación ao galego dun tema de The Clash coa que agardamos sumarnos ao concurso/homenaxe que lles están a facer en Radio 3 co gallo do trixésimo aniversario da publicación do London Calling, o puto mellor disco da historia.
The Right Profile, que rebautizamos Perfil Perfecto na nosa versión, fala do accidente de coche que marcou a decadencia do coitado Montgomery Clift, estrela daquel Hollywood clásico, o de Marilyn Monroe e James Dean, o que vivía rápido e deixaba fermosos cadáveres.
En Perfil Perfecto contamos coa participación do amigo “Pretty Boy” Roi na harmónica e o banjo, un verdadeiro luxo!
A LETRA
Ei, onde vin eu a este nacho?
En Río Vermello, ou Un Lugar ao Sol
En Vidas Rebeldes ou De Aquí á EternidadeTodos queren saber quen é
Todos preguntan se está ben
A todos fáiselles coñecido
É Montgomery Clift, cariñoMarcan o ritmo de Nova York
Chulos e putas na 42
A Monty quen o vai recoñecer
Coa roupa rota e sen zapatos nos pésVexo o coche no que se esnafrou
Perfil perfecto partido en dous
Non é momento para aplaudir
Aínda sinte? Pode vivir?Nembutal calma a dor
Pero eu prefiro o alcool!Trae outro taco de fotos pra asinar
Trae outro bote de pílulas máis
Estou tremendo e frío non fai
Aaaargh!
Novembro 30th, 2009 at 4:42 p.m.
Clase tendes de sobra!
[un saudinho que acabo de descubir o bló, ando na pola...]
Novembro 30th, 2009 at 4:45 p.m.
Home, gracias Walter! Un pracer verte por aquí! :-)
Novembro 30th, 2009 at 10:27 p.m.
Gústame! Quero escoitala en directo. Dan aínda os Megaloves concertos no Hula?
Bicos!
Decembro 1st, 2009 at 2:51 a.m.
Aínda tocamos no Rock-A-Hula cando a situación o require (festas principalmente), pero non coa regularidade de tempos pasados, que o Anarcountry é droga da mala e hai que estar pendentes de evitar sobredoses!
Decembro 16th, 2009 at 2:58 p.m.
[...] seus: Antón Losada (Fiquei Namorada) por Creativos Cero. Henry Lee, John Balan’s Ghost e Perfil Perfecto polos Megaloves. Vil, o primeiro elepé de The Two Halfs AKA Vil [...]
Agosto 10th, 2010 at 8:20 p.m.
[...] Por suposto unha delas é a inconmensurábel Bilingüismo Harmónico [ a terceira do myspace] do Leo i Arremeghona. Espectacular tema que me fixo escachar da risa cando o escoitei por primeira vez en Aberto por Reformas. E a outra é umha versión de Tommy Gun de Ruxe Ruxe. Era visto que os de Aríns ían acabar gravando esta peza, pois xa hai anos que Vituco síira a cantala cos Samesugas nun mítico concerto na Nasa. Mais hai que reconhecer que a felicidade non pode ser total. O triunfo galaico tería sido absoluto se a xente do programa tivera a sensibilidade dabondo para reconhocer todo o talento dos Megaloves na súa revisión de Perfil Perfecto. [...]